O CORAZÓN DA ARTESANÍA
I Encuentro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia
6,7,8 de julio, Os Pendellos, Agolada
O I Encuentro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia organizado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través de la Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, converte a Agolada no Corazón da Artesanía. Os Pendellos, declarados conxunto histórico artístico no ano 1985, énchense de vida creando un espazo de interrelación da artesanía, da música e danza tradicionais e da gastronomía, proxectando unha imaxen fiel destes sectores económicos, culturais e tradicionais. Este evento ten a vocación de converterse nun referente do sector artesán unindo adxectivos como cultural, artístico, popular, tradicional pero tamén moderno, orixinal e multidisciplinar. A tradición procura a unión coa innovación e a modernidade, e este espazo histórico vai ser empregado para verse novamente cheo de actividade, permitindo enlazar historia con contemporaneidade en base á súa beleza, o seu atractivo turístico, e á singularidade da súa arquitectura.
PROGRAMA
VENRES 6 de xullo
11:00 h. Apertura do I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia
12:00 h Cata de queixos D.O.P Arzúa-Ulloa (Inscrición no tlfno: 881999173)
ESPAZO MULTIDISCIPLINAR
13:00 h. Inauguración oficial e visita na Praza do Concello e visita ós expositores
17:00 h. Programa para os nenos e nenas Ponlle as pilas ao teu bocata. Conservas do Mar.
PRAZA DO CONCELLO
17:00 h. / 18:30 h.
ESPAZO MULTIDISCIPLINAR
Presentación Secretos de Galicia. Unha experiencia máxica con sabor á nosa terra
Os mellores produtos galegos e a esencia do bo chocolate con forma de petroglifo. Unha pegada que identifica á terra galega dende hai séculos, materializada en bombóns a xeito de ofrenda que gardan os sabores secretos de Galicia. Un produto que representa un novo xeito de creación galega, unha iniciativa voceira que avanza tecendo unha forma propia dun mundo complexo e universal.
SALA & SECRETOS DE GALICIA: renovando o modelo de cooperación artesanal.
19:00 /20:00 h.
ESPAZO MULTIDISCIPLINAR
Conferencia do deseñador Martín Azúa: Artesanía Diseño. Una historia para contar
.

